Hosting por Logo dinahosting

Escola de escalada do Canón do Sil

A escola de escalada do Canón do Sil remóntase ao ano 1970, ainda que é a partires dos anos 80 cando a actividade se fixo mais intensa.

Hai uns anos o Decreto 37/2014, de 27 de marzo,  no que se declaran zonas especiais de conservación lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia crea a ZEC ES1120014 CANÓN DO SIL, englobando dentro da mesma a escola de escalada do Canón do Sil. O mencionado decreto establece no seu artigo 61.3.f.3.viii que a escalada cando se realice sobre afloramientos rochosos e non leve consigo unha afección apreciable para o estado de conservación dos hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE, ou sobre os núcleos poboacionais das especies de interese para a conservación precisará de autorización expresa do órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza.

Ainda que o Canón do Sil non conta con un Plan de regulación da escalada, a partires desa data para escalar na escola foi preciso comezar a solicitar en Medio Ambiente de Ourense, permiso para escalar na escola.

A solicitude de permiso para escalar podes entregala directamente no rexistro do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense (Paseo 18, 5º – 32003 – Ourense) ou en calqueira outro rexistro dun organismo público enviando unha copia escaneada co sello de entrada a [email protected] para axilizar os trámites. Tamén a podes solicitar por INTERNET con DNI electrónico, no Rexistro electrónico da Sede da Xunta de Galicia mediante o procedemento común PR004A (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A)

O permiso podese solicitar para varios días ou meses (ata 2 meses como máximo), e conta con unha semana polo menos para recibir resposta. Aquí achegamosche un modelo co cal poderás solicitar o teu permiso, lembra que é de balde.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón